SILLEDA EN NEGRO




 Este ano o Concello de Silleda únese á campaña “En negro contra as violencias”, un proxecto no que participan 72 concellos galegos e as Deputacións provinciais de A Coruña, Lugo e Pontevedra.

 A acción consiste en tinguir de negro o pobo, vestir de luto en sinal de dó por todas as mulleres que sofren violencia machista. Os establecementos comerciais, empresas, espazos públicos, centros educativos e axentes sociais do municipio convertiranse en embaixadores da campaña.

 Todas aquelas entidades, comercios, empresas ou axentes sociais do municipio que queiran sumarse a esta campaña poden inscribirse nas dependencias municipais de Igualdade, no Centro de Información á Muller (CIM) chamando ao 986 592037 ou a través do mail cim@silleda.es. Con esta inscrición subirase a entidade colaboradora ao mapa na páxina www.ennegrocontraasviolencias.gal e procéderase á entrega de material, editado e distribuído aos concellos da provincia, pola Deputación de Pontevedra.

 Ademáis de tinguir de negro o concello, realizarase un acto institucional conxunto en forma de concentración de condena contra a violencia de xénero o 24 de novembro ás 12:30h, na Praza da Igrexa.


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA