CHARLA INFORMATIVA SOBRE A TRATA DE SERES HUMANOS



  




 

DATA E HORA DE CELEBRACIÓN: VENRES, 16 DE FEBREIRO DE 2018 11:00 HORAS

LUGAR DE CELEBRACIÓN: INSTALACIÓNS DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DE SILLEDA.Chousa Nova, 67

Dentro das actuacións enmarcadas no ámbito da  Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, Silleda acolle unha charla informativa sobre a trata de seres humanos, preferentemente mulleres e nenas con fins de explotación sexual, delito denominado xa a nova escravitude do século XXI.
A relatora será Lourdes Pazo García, educadora e responsable da área de sensibilización do Programa Vagalume. Este proxecto ofrece atención integral e acompañamento ás mulleres vítimas de trata e/ou en contexto de prostitución. En Vagalume ofréceselle a estas mulleres información, asesoramento e acompañamento totalmente gratuíto, confidencial e non discriminatorio.

 






Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA