SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE. PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO



RESOLUCIÓN DO 17 DE DECEMBRO DE 2018, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DA PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO.

Requisitos das solicitantes
a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso  de vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación.
Para os efectos desta axuda tamén terán a consideración  de vítimas de violencia de xénero as mulleres que padeceran violencia vicaria ou violencia por "interpósita persoa", con resultado de morte.
b) Ter cesado a convivencia co agresor, ou coa persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación,  no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
No caso de violencia vicaria ou violencia por "interpósita persoa", o intervalo temporal de doce meses computarase denden o feito causante.
Nos casos de falecemento do agresor, o intervalo temporal será igualmente de doce meses, tanto para o feito en si do propio falecemento como da ruptura da convivencia.

c) Que o documento acreditativo da situación de violencia de xénero fora adoptado ou emitido no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

d) No caso de acreditar a situación de violencia de xénero cunha orde de protección ou medida cautelar, esta deberá estar vixente na data da presentación da solicitude e manterse na data da resolución desta axuda.

e) Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, cando así se esixa pola lexislación vixente, ter permiso de residencia.
No caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, será suficiente acreditar que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
d) Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser  de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación, e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Contía das axudas
1. Se os ingresos da solicitante son iguales ou inferiores ao IPREM vixente, e ata un máximo de 12 mensualidades.
a) Con carácter xeral: 600 euros/mes.
b) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, ou unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 650 euros/mes.
c) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, e esta/e ou a solicitante teña unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 700 euros/mes.
d) Cando a vítima tivese ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida: 700 euros/mes.
e)  Cando a vítima tivese ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida, e algunha ou algún deles  ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 800 euros/mes.
f) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida e esta/e ou a solicitante teña unha discapacidade maior ou igual ao 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 800 euros/mes.
2. Se os ingresos da solicitante son superiores ao IPREM vixente e iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, e ata un máximo de 12 mensualidades.

a) Con carácter xeral: 300 euros/mes.
b)Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida ou unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 350 euros/mes.
c) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida e esta/e ou a solicitante teña unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 400 euros/mes.
d) Cando a vítima tivese ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida: 400 euros/mes.
e)  Cando a vítima tivese ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida e algunha ou algún deles  ou a solicitante teña unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 500 euros/mes.
f) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 500 euros/mes.
DOG nº 1. MÉRCORES, 2 DE XANEIRO DE 2019

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA