SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE ATENCIÓN SOCIAL INTEGRAL DIRIXIDOS A PERSOAS EN SITUACIÓN DE EXPLOTACIÓN SEXUAL, PREFERENTEMENTE INMIGRANTES, E/OU VÍTIMAS DE TRATA DE SERES HUMANOS CON FINS DE EXPLOTACIÓN SEXUAL E/OU LABORAL, NA CA DE GALICIA. SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE





SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE ATENCIÓN SOCIAL INTEGRAL DIRIXIDOS A PERSOAS EN SITUACIÓN  DE EXPLOTACIÓN SEXUAL, PREFERENTEMENTE INMIGRANTES, E/OU VÍTIMAS DE TRATA DE SERES HUMANOS CON FINS DE EXPLOTACIÓN SEXUAL E/OU LABORAL, NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. 

SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE





OBXECTO
 
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar para o ano 2019 as subvencións ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán ser destinatarias das subvencións para o desenvolvemento das actuacións reguladas nesta convocatoria as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran as obrigas e requisitos exixidos nesta resolución e normativa xeral de subvencións, e de xeito particular deben cumprir os seguintes requisitos:

  1. Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais, regulado polo Decreto  254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servicios sociais de Galicia.
  2. Carecer de ánimo de lucro
  3. Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
  4. Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Ley 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.

Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución dos programas de subvencionados


PRAZO

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase  como último día do prazo o correspondente ao mes ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento, non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
 


DOG Núm.7 Xoves, 10 de xaneiro de 2019












 

Comentarios

Entradas populares de este blog

#SILLEDA EN NEGRO