IV PLAN DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO CONCELLO DE SILLEDA 2017-2020

  

PRESENTACIÓN DO IV PLAN DE PROMOCIÓN  DA IGUALDADE  DO CONCELLO DE SILLEDA 2017-20120 

DATA: 8 DE MARZO
HORA: 17:00 HORAS
LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE SILLEDA.

"Grazas aos esforzos de toda a cidadanía, pero nomeadamente das mulleres e das administracións públicas, o avance logrado nas últimas décadas cara á igualdade formal entre mulleres e homes, é cada vez máis visible.

Pero con todo, aínda persisten desigualdades de xénero en todos os ámbitos (emprego, educación, corresponsabilidade, violencia, etc.) moitas veces ocultas baixo prácticas aparentemente neutras. Este novo IV Plan 2017-2020 coas oitenta e seis medidas nel recollidas, vainos permitir seguir avanzando con máis celeridade cara a unha maior concienciación e seguir loitando a favor da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. 

Tamén busca un maior compromiso interno municipal ó integrar a perspectiva de xénero en tódalas áreas de actuación  en busca dun maior compromiso e colaboración de tódalas concellerías no proxecto común de avanzar na igualdade situándonos así na liña de actuación doutros moitos concellos de Galicia.

A participación da sociedade no impulso e actuacións do propio Plan, o seu compromiso coa igualdade e un esforzado traballo en común de mulleres e homes, indefectiblemente, debe levarnos a crer e sentir que a equidade de xénero vaia sendo pouco a pouco unha realidade.

A experiencia adquirida ó longo destes anos do goberno municipal cos anteriores plans, demóstranos que estamos avanzando no camiño de desterrar as vellas desigualdades de xénero aínda persistentes, e que afectan a mulleres e homes, nenas e nenos, mozas e mozos, limitándolles as súas oportunidades de desenvolvemento.

É un honor formar parte dun proxecto de futuro máis xusto e quero convidar a toda a sociedade de Silleda a participal del  e comprometerse no seu día a día na eliminación das desigualdades de xénero".
Pili Peón
Concelleira de Igualdade do concello de Silleda

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA