NON É NON.


No marco do novo Programa de sensibilización, información e difusión sobre Igualdade e Prevención de violencia contra as mulleres da Xunta de Galicia, financiado co fondo finalista procedente das medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, o concello de Silleda pon en marcha novamente este ano a campaña "NON É NON", coa finalidade de sensibilizar á cidadanía contra as agresións sexuais e o acoso ás mulleres durante as festas locais, para que mulleres e homes difruten das celebracións  en condicións de igualdade.

O obxectivo prioritario é comunicar e difundir unha mensaxe clave de PREVENCIÓN DO ACOSO E AS AGRESIÓNS SEXUAIS, instando a comportamentos de respecto e de recoñecemento de que o NON, tamén en festas, debe ser respectado. 

Levarase a cabo un soporte comunicativo para facer chegar a mensaxe ao conxunto da cidadanía, protexer ás vítimas potenciais e informar as persoas participantes nas festas, do Protocolo a seguir no suposto de detectar ou sufrir unha agresión sexista.

Así crearánse dous puntos de información -Puntos Violetas-  nas localidades de Silleda e Bandeira  e un punto en Laro, durante a celebración das súas respectivas festas locais; baixo o lema "NON É NON", serán espazos nos que se sensibilizará á poboación en xeral e se atenderá, informará e axudará ás vítimas de calquera tipo de agresión sexista. 

 
Os referidos puntos de información, que estarán atendidos por voluntarias/os  -ás/aos que se lle proporcionará formación en igualdade- estarán abertosao público os días das festaslocais de Silleda,  Bandeira e Laro,  en horarios de 13:00 a 14:30 horas e de 20:30 horas a 3:00 horas.


Así mesmo, nesta campaña contarase cun servizo de tres educadores de rúa que informarán, distribuirán folletos e material promocional da campaña.




Selección de voluntarios/a


O día de hoxe  comeza  o prazo para a selección de voluntari@s, tendo lugar a sesión formativa para  @s voluntari@s dos Puntos Informativos e as/os educadores de rúa os días 1, 2 e 3 de xullo, en horario de 17:00 a 20:00 horas.





Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA