Entradas

PREMIO MELLOR DEPORTISTA GALEGA 2011

Imagen
A futbolista galega Verónica Boquete (Santiago, 1987) vén de ser distinguida pola Xunta como mellor deportista feminina nos Premios do Deporte Galego 2011, que foron dados a coñecer o 15 de decembro polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. Verónica consolida a súa traxectoria internacional ligada, unha tempada máis, a Philadelphia Independence, o equipo co que se proclamou en 2011 mellor xogadora do ano na que é a mellor liga de fútbol feminino do mundo. No palmarés, ademáis de Verónica Boquete, tamén foron distinguidas Susana Rodríguez Gacio (triatlón), como mellor deportista feminina discapacitada, e Bea Gómez (natación), como deportista feminina revelación. O premio ao mellor equipo feminino foi concedido ao Ponte Ourense (fútbol sala). Todas elas recolleron os seus trofeos na gala de entrega dos Premios Deporte Galego 2011 o pasado día 27 de decembro no Teatro Jofre de Ferrol.

FELICES FESTAS

Imagen
Dende o CIM desexámosvos unhas Felices Festas!! Carmen e Anxos

Os Centros de Información á Muller estrean servizo de Teletraducción

Imagen
Trece Centros de Información á Muller da provincia de Pontevedra serán os primeiros en incorporar o servizo de teledraducción, que ofrece sen custe a Secretaría Xeral da Igualdade, para mellorar a atención das mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes. Trátase dos CIMs de Pontevedra, Poio, Silleda, A Lama, Vigo, Porriño, Gondomar, Moaña, Soutomaior, Redondela, O Grove, Cambados e Pontecaldelas, que contarán cun novidoso sistema de teletraducción a 51 idiomas. O servizo entrará en funcionamento ao abeiro dos convenios de colaboración entre Igualdade e os respectivos concellos asinados a semán pasada nas delegacións da Xunta de Galicia en Pontevedra e Vigo, con asistencia da titular de Igualdade da Xunta, Susana López Abella; os delegados territoriais da Xunta, José Manuel Cores Tourís e Lucía Molares, e representantes de once dos concellos implicados na iniciativa. Está prevista para as vindeiras semanas a sinatura dos correspondentes ás...

COUSAS DE CINE: A FONTE DAS MULLERES

Imagen
Primeira película que gañou o distintivo de non sexista

MULLERES AO VOLANTE, PERIGO CONSTANTE?

Imagen
O Instituto Aragonés da Muller levou a discriminación en función de sexo que aplican todas as autoescolas do RACC de Zaragoza nas tarifas para sacarse o carné de conducir, ao Observatorio estatal da Imaxe das Mulleres. Todas as oficinas do RACC en Zaragoza ofertan un mesmo paquete a diferentes prezos dependendo de se o demandante é home o muller. A promoción, que leva funcionando dende xuño, fixa en 665 euros a tarifa para os mozos entre 18 e 22 anos, e en 850 para as mozas da mesma idade. É dicir unha diferenza de case 200 euros. Parece ser que a causa de tal diferenza é que as mulleres necesitan máis prácticas para sacar o permiso de conducir. Iso si, a promoción leva aparellada para elas unha sesión de maquillaxe, mentras eles quedan sen regalito.

"ESPECIALMENTE RECOMENDADA PARA LA IGUALDAD DE GÉNERO"

Imagen
"El Instituto de Cine (ICAA), del Ministerio de Cultura, ha creado una nueva categoría en la calificación de películas: 'Especialmente recomendada para la igualdad de género' . El Boletín Oficial del Estado publica este lunes una resolución del Ministerio de Cultura por la que se crea esa nueva categoría, "absolutamente novedosa en el contexto internacional, con el fin de fomentar y de reforzar la igualdad de género" , según el departamento que dirige Ángeles González-Sinde. Para acceder a esta categoría, una película u obra audiovisual deberá promover "la eliminación de prejuicios, imágenes estereotipadas y roles en función del sexo, o impulsar la construcción y difusión de representaciones plurales y reales de ambos sexos. También será una cinta "especialmente recomendada para la igualdad de género" la que promueva el uso de un lenguaje no sexista que nombre, también, la realidad femenina , y la que "incorpore una visión igualitari...

25 DE NOVEMBRO: GRACIAS A TOD@S!

Imagen
Ao final, entre todos, conseguimos encher os muros. Moitas gracias a todos e todas!!