Entradas

LEI PARA A IGUALDADE DE MULLERES E HOMES

Imagen
A LEI PARA A IGUALDADE recoñece que mulleres e homes son iguais en dignidade humana e en dereitos e deberes, que deben ser exercidos en igualdade de condicións. OBXECTO DA LEI Facer efectivo de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes e eliminar calquera forma de discriminación por razón de sexo, directa ou indirecta, en todos os ámbitos, especialmente a derivada da maternidade e as obrigas familiares. Integrar o principio de igualdade de trato e oportunidades en todas as políticas públicas: laboral, social, educativa, vivenda, cultura, deporte, creación artística, cooperación ao desenvolvemento, saúde e acceso ás novas tecnoloxías e aos bens e servizos. Establecer unha participación equilibrada (mínimo 40%-máximo 60%) de mulleres e homes nas listas electorais, en todos os ámbitos das administracións públicas e nos consellos de administración das empresas. IGUALDADE NAS POLÍTICAS PÚBLICAS Entre as medidas entablecidas pola LEI PARA A IGUALDADE nas políticas públicas es...

A BOA SOMBRA

Imagen
"Una playa cerca, una casa sencilla y una buena sombra, y ya estamos dispuestos a acometer otro largo verano. "Los días de verano dormían a tu sombra", escribió Borges. "La sombra es apacible como una lejanía", dijo también, y dominó las palabras para que pudiésemos sentir el frescor de su refugio sin despegarnos del libro. Un porche, una terraza, una pérgola, un árbol, una haima... La sombra prometida nos aguarda a la vuelta de la esquina, como una memorable salvación, como una fiesta en medio de la aspereza de la tierra. Vas a poner rumbo al mar, y allí te esperan mañanas perezosas, mil planicies azules, una muchedumbre de olas, y el respiro blanco de la espuma. Te espera la brisa marina con sus juguetones dedos, y las agitadas bocanadas de salitre, el zumbido extraño del silencio, y la plácida caricia del agua al abordar la orilla. Te reclama la vida simple, el deleite adscrito al perfume de un plato de sardinas y a la visión del atardecer desde tu vie...

RESOLUCIÓN POLA QUE SE CONVOCAN ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

Imagen
Esta resolución ten por obxecto facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer. Convócase ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e /ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. As estadías serán de oito días (sete noites) en réxime de pensión completa, preferentemente entre o 20 de agosto e o 10 de setembro. Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e correrán por conta do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. Requisitos: Mulleres con fillas e/ou fillos a cargo exclusivamente con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos. Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia. Dispoñer unha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da uni...

Actuacións do SGI (Servizo Galego de Igualdade) cofinanciadas polo FSE (Fondo Social Europeo)

O Fondo Social Europeo (FSE) é un instrumento financeiro da Unión Europea creado para "contribuír ao desenvolvemento do emprego impulsando a empregabilidade, o espírito de empresa, a adaptabilidade, a igualdade de oportunidades e o investimento en recursos humanos". A programación do Servizo Galego de Igualdade (SGI) contén un amplo abano de accións cofinanciadas polo FSE e que se resumen nas seguintes áreas: Cooperación : axudas a entidades locais para a creación e mantemento de Centros de Información ás Mulleres, con funcións de asesoramento laboral, formación profesional, recursos para o acceso ao mercado de traballo e tamén información sobre recursos e servizos para a atención en casos de malos tratos, discriminacións por cuestións de sexo, etc. co obxectivo último de acadar a plena intengración das mulleres. Fomento do emprendemento: programas con varias liñas de axudas: - axudas a mulleres para a posta en marcha de iniciativas empresariais. - axudas a...

"PREMIOS IRENE: La paz empieza en casa" 2009

Imagen
O Ministerio de Educación e Ciencia creou no ano 2006 os "Premios Irene: La paz empieza en casa", co obxeto de previr a violencia contra as mulleres e promover a igualdade real entre mulleres e homes, mediante o impulso de experiencias e propostas que desenrolen esta finalidade. Premiaranse experiencias educativas, materiais curriculares e de apoio, así como aqueles traballos innovadores que contribuíran a previr e erradicar as conductas violentas e a promover a igualdade e a cultura da paz, co obxetivo de desenrolar estratexias de convivencia igualitaria entre homes e mulleres. Ditas experiencias deberanse ter realizado durante as duas anteriores a esta convocatoria e contar coa aplicación práctica nas aulas. Participantes Profesores/as e profesionais da educación que exerzan a súa actividade en centros de ensinanza españois financiados con fondos públicos, que estiveran en activo durante a realización da experiencia ou actividade que se presenta a concurso. D...

AXUDAS A CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE

Resolución do 4 de xuño de 2009 OBXECTO Regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo. ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES As axudas, na modalidade de pagamento único, serán concedidas aos traballadores que, entre o 1 de setembro de 2008 e ata o 31 de agosto de 2009, se atopen nunha situación de redución da xornada de traballo de ata un máximo da metade da duración daquela para o coidado dun/dunha fillo/a menor de 3 anos. O tempo máximo polo que se poderá conceder a axuda será de 8 meses ininterrumpidos e o tempo mínimo deberá ser de 60 días naturais ininterrumpidos. BENEFICIARIOS a/ Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas, sempre que est...

Obradoiro de Memoria

Imagen
Do martes 23 de Xuño ao xoves 23 de Xullo levaremos a cabo un novo Obradoiro de Memoria gratuito no CIM. O horario será de 11:00 a 12:00 tódolos martes e xoves. O prazo de inscrición xa está aberto, podedes apuntarvos no tlf: 986.59.20.37, ou nas oficinas do CIM ou do Centro Social: Avda do Parque nº 67. Pon en forma a túa mente para este verán! Apúntate xa!