Entradas

“CÓIDAME”. ATENCIÓN Á INFANCIA

Imagen
    “CÓIDAME” CONCELLO DE SILLEDA   AXUDAS EXTRAORDINARIAS DIRIXIDAS AOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES PARA A PRESTACIÓN DE ACTIVIDADES DE APOIO ÁS FAMILIAS PARA FACERLLE FRONTE AO IMPACTO DA COVID-19 DURANTE O ANO 2020, DESDE A ESTRATEXIA LOCAL PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA   FINALIDADE   Atención e coidado de nenas e nenos entre doce semanas e doce anos, así como menores de idade con discapacidade, para responder de xeito puntual a necesidades relacionadas coa conciliación da vida familiar, laboral e social das familias de Silleda, que non poidan ser satisfeitas a través do servizo prestado nos espazos de atención á infancia e ludotecas, nin en ningún outro servizo posto a disposición por parte do concello ou de outras institucións públicas para atender necesidades de conciliación. Durante o desenvolvemento do servizo atenderanse as necesidades básicas das nenas e nenos (físico-biolóxicas, sociais, cogn

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS

Imagen
ORDE DO 27 DE XULLO DE 2020 POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS. As persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, en territorios cunha alta incidencia do COVID-19 en comparación coa existente na Comunidade Autónoma galega ou respecto das cales non se dispoña de información ou de datos fiables sobre a situación epidemiolóxica existente neles, quedan sometidas ás seguintes MEDIDAS DE PREVENCIÓN: A) No prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, as ditas persoas deberán comunicar os datos de contacto e de estadía na Comunidade Autónoma de Galicia que se recollen no anexo desta resolución. Para tal fin, deberán cubrir o formulario dispoñible no enderezo https://coronavirus.ser