ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS 2013
ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2013 POLA QUE SE REGULAN AS BASES PARA A CONCESIÓN DAS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS Finalidade A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer. Requisitos a) Ter fillas/os e/ou menores en acollida exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos. b) Non convivir con parella afectiva. c) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso de mulleres estranxeiras ter, ademais, permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso. d) Dispoñer dunha renda mensual que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non ...