Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2010

25 DE NOVEMBRO DE 2010. DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

Ante a conmemoración dun novo 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, reafirmamos unha vez máis, o noso posicionamento de repulsa ante tan cruel realidade. A violencia de xénero é un atentado directo e inmediato á dignidade das mulleres, aos seus dereitos individuais, á súa calidade de vida e á súa saúde física e mental. A loita contra este fenómeno esixe un compromiso de todas e cada unha das persoas que conformamos a sociedade, un compromiso persoal, de cada institución, de cada colectivo e organización. Se non nos implicamos na súa erradicación, seremos cómplices da súa perpetuación. Dende o concello, coa forza que nos outorga ser a administración máis próxima aos cidadáns continuaremos promovendo programas e recursos para atender ás mulleres que se enfrontan a esta agresión diaria. Faremos que sintan que teñen un lugar seguro ao que acudir. Faremos que sintan que teñen un lugar seguro ao que acudir. Faremos que non se sintan soas. Este é o co

.ATENCIÓN PSICOLÓXICA A VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
É un programa desenvolvido a través dun convenio de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que ten por obxecto a atención psicolóxica especializada e de apoio ás vítimas de violencia de xénero. A través deste servizo ponse a disposición das vítimas de violencia de xénero unha rede de profesionais da psicoloxía, con formación específica, que de xeito gratuíto realizan a intervención máis axeitada para cada caso. OBXECTIVOS -Ofertar recursos terapéuticos que abran vías de recuperación ás mulleres vítimas de violencia de xénero, menores e outras persoas dependentes delas. -Reforzar a autoestima das vítimas de violencia de xénero ademais de ser un apoio na recuperación ou adquisición de habilidades e capacidades que lles permitan lograr a autonomía e a integración na vida social e laboral. -Poñer a disposición das vítimas de violencia de xénero unha rede de profesionais da psicoloxía, con formación espe

TOMARÉMOLO CON HUMOR

Imagen

TOLERANCIA CERO

Imagen

GUIA DUNHA BOA ESPOSA

Imagen

Reunión MESA LOCAL DE COORDINACIÓN PARA A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
A Mesa pola Erradicación da Violencia de Xénero do Concello de Silleda reuniuse o pasado mércores 10 de novembro para continuar profundizando nos procesos de actuación para mellorar a protección á muller. No encontro abordouse a elaboración dunha guía de recursos para as mulleres maltratadas. Ademáis, profundizouse no itinerario básico de atención ás vítimas de este tipo de violencia. Por outra parte, na reunión que estivo presidida pola edil de Servizos Sociais, Concepción Vázquez, tamén se valorou a programación para o Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero el próximo día 25, así como os casos de maltrato do último trimestre. A próxima reunión queda fixada para o 2 de marzo de 2011.

Arranca o Curso de Agricultura Ecolóxica

Imagen
Na Casa da Cultura silledense comenzou o mércores un curso sobre agricultura ecolóxica para mulleres, subvencionado por la Secretaría Xeral de Igualdade e organizado polo CIM. A data prevista para o remate do curso será o próximo 15 de decembro.

Curso "A AGRICULTURA ECOLÓXICA COMO ACTIVIDADE EMPRESARIAL EMERXENTE"

Imagen
O Centro de Información ás Mulleres de Silleda organiza o curso "A agricultura ecolóxica como actividade empresarial emerxente", subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade. O curso de 100 horas de duración, ten como obxectivo "dar ás alumnas nocións sobre as características do producto ecolóxico frente ao fabricado ou tratado, dar a coñecer as posibles saídas ao mercado do produto final, proporcionar orientación lexislativa relativa ao control do Consello Regulador de Galicia, así como información e orientación sobre a creación de empresas agroecolóxicas". O número máximo de participantes será de 15 mulleres, que serán seleccionadas en función dos seguintes criterios de prioridade: 1º. Mulleres desempregadas en situación de especiais dificultades económicas, familiares ou sociais. 2º. Desempregadas soas con cargas familiares. 3º. Desempregadas maiores de 45 anos. 4º. Desempregadas de longa duración. 5º. Mulleres que non entre