Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, POR REDUCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO. XUNTA DE GALICIA

Imagen
    RESOLUCIÓN DO 5 DE XUÑO DE 2020, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLAS QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN AS AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, POR REDUCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO, COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE.  OBXECTO Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras e as familias monoparentais que, entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas, sempre que se cumpran os requisitos e condición establecidos nesta resolución. PERSOAS BENEFICIARIAS  As persoas físicas que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos  os dous inclusive, se acollan á medid