MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS
ORDE DO 27 DE XULLO DE 2020 POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS. As persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, en territorios cunha alta incidencia do COVID-19 en comparación coa existente na Comunidade Autónoma galega ou respecto das cales non se dispoña de información ou de datos fiables sobre a situación epidemiolóxica existente neles, quedan sometidas ás seguintes MEDIDAS DE PREVENCIÓN: A) No prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, as ditas persoas deberán comunicar os datos de contacto e de estadía na Comunidade Autónoma de Galicia que se recollen no anexo desta resolución. Para tal fin, deberán cubrir o formulario dispoñible no enderezo https://coronavirus.ser...