Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2020

“CÓIDAME”. ATENCIÓN Á INFANCIA

Imagen
    “CÓIDAME” CONCELLO DE SILLEDA   AXUDAS EXTRAORDINARIAS DIRIXIDAS AOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES PARA A PRESTACIÓN DE ACTIVIDADES DE APOIO ÁS FAMILIAS PARA FACERLLE FRONTE AO IMPACTO DA COVID-19 DURANTE O ANO 2020, DESDE A ESTRATEXIA LOCAL PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA   FINALIDADE   Atención e coidado de nenas e nenos entre doce semanas e doce anos, así como menores de idade con discapacidade, para responder de xeito puntual a necesidades relacionadas coa conciliación da vida familiar, laboral e social das familias de Silleda, que non poidan ser satisfeitas a través do servizo prestado nos espazos de atención á infancia e ludotecas, nin en ningún outro servizo posto a disposición por parte do concello ou de outras institucións públicas para atender necesidades de conciliación. Durante o desenvolvemento do servizo atenderanse as necesidades básicas das nenas e nenos (físico-biolóxicas, sociais, cogn