LEI 7/2010, DO 15 DE OUTUBRO
![Imagen](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEimElAixTZtVLzDdTEyuuV61H2F-KgS_mQS7ynNhrBc2YC4X6_bACj3nZ5UpRa2kEPPp4TwodOEqMxOLCwoRX1FIpTmeurFgbZP-1fHPhJlUCeNDLHCtrPtTgVbvDnDQc1q51LKzuXpvLY/s320/SERVIZO+GALEGO+DE+IGUALDADE.jpg)
SUPRESIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO SERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER Suprímese o referido organismo autónomo, pasando as súas funcións a ser desenvolvidas polo departamento da Administración autonómica competente en materia de igualdade. RÉXIME DO PERSOAL O persoal que á entrada en vigor desta lei estea prestando servizos no Servizo galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller quedará adscrito ao departamento da Administración autonómica competente en materia de igualdade. Malia o anterior, os órganos competentes poderán efectuar as reasignacións de efectivos que procedan. RÉXIME PATRIMONIAL Os bens do organismo autónomo suprimido e os adscritos para o cumprimento dos seus fins incorporaranse ao patrimonio da Comunidade Autónoma. A súa afectación e adscrición produciranse conforme o previsto na normativa aplicable en materia de patrimonio da Comunidade Autónoma galega. A Comunidade Autónoma de Galicia subrógase na titularidade dos dereitos e das obr