Entradas

Mostrando entradas de junio, 2017

A TRAVÉS DO OBXECTIVO DE RUTH MATILDA ANDERSON

Imagen
Na mañá do 7 de agosto de 1924, unha fotógrafa estadounidense de apenas 30 anos desembarca no porto de Vigo. Tiña como encargo retratar España para a Hispanic Society of America. Realizou dúas longas estancias en Galicia entre 1924 e 1926, a segunda delas na compaña doutra fotógrafa, Frances Spalding. Percorreu corredoiras, feiras, leiras, portos, montañas, aldeas, cidades e vilas para inmortalizar a esencia dun pobo. Ruth tirou nas súas viaxes máis de 5.200 fotografías, moitas delas tendo como protagonistas ás mulleres galegas.