SETE MÁIS UNHA PELÍCULAS. CINE E VIOLENCIA DE XÉNERO.
![Imagen](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj7zYqDaJEhc0SI2GdTKtnClsG7KiLZuyBngBA3CfAkg0G3SfPw8WMbRIC7PUIujfOFW2uJXfRYOdAnMRoI4j-tqEsVjNfgeMPIPb7n8WqkvdFHFigYMq1bRAj-7XTGshHqXP8dL70PpvU/s320/el-color-purpura.jpg)
"A MULLER NO CINE" UPALUSA COMUNICACIÓNS AUDIOVISUAIS ASOCIACIÓN DE MULLERES DE SILLEDA LOCALES VIVENDAS SOCIAIS 21 NOVEMBRO, 17:00 HORAS Ao falar de cine quixéramos subliñar a súa importancia como un axente socializador de gran potencia porque mostra modelos de comportamento, produce reaccións, transmite crenzas e valores. Durante algún tempo considerouse como o máximo exponente da fuxida da realidade. Con todo, son moitas as persoas que agora o consideran como testigo do mundo e, neste sentido, convértese nun espello onde se reflicte a realidade social. As películas fan algo máis que entreter: ofrecen visións do mundo, mobilizan desexos e sensacións, inflúen nas nosas posi cións e percepcións da realidade e axúdannos a construír a sociedade. O obxectivo que nos plantexamos supón reflexionar sobre o papel que tomou o cine como axente “visibilizador” do maltrato ás muller