BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL 2016. XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA. ORDE DO 23 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE MODIFICA A ORDE DO 7 DE AGOSTO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS O PROGRAMA DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DO PLAN REHAVITA: PLAN GALEGO DE REHABILITACIÓN, ALUGUER E MELLORA DE ACCESO Á VIVENDA 2015-20120, E SE PROCEDE A SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2016. Obxecto das bases reguladoras e réxime das subvencións As subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social están destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia: a) Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora dunha demanda de desaufizamento por non pagamento das rendas ou por unha resolución xudicial de terminación dun procedemento da mesma natureza. b) As vítimas de violencia de xé...