Entradas

Mostrando entradas de junio, 2019

NON É NON.

Imagen
No marco do novo Programa de sensibilización, información e difusión sobre Igualdade e Prevención de violencia contra as mulleres da Xunta de Galicia, financiado co fondo finalista procedente das medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, o concello de Silleda pon en marcha novamente este ano a campaña "NON É NON", coa finalidade de sensibilizar á cidadanía contra as agresións sexuais e o acoso ás mulleres durante as festas locais, para que mulleres e homes difruten das celebracións  en condicións de igualdade. O obxectivo prioritario é comunicar e difundir unha mensaxe clave de PREVENCIÓN DO ACOSO E AS AGRESIÓNS SEXUAIS, instando a comportamentos de respecto e de recoñecemento de que o NON, tamén en festas, debe ser respectado.  Levarase a cabo un soporte comunicativo para facer chegar a mensaxe ao conxunto da cidadanía, protexer ás vítimas potenciais e informar as persoas participantes nas festas, do Protocolo a seguir no suposto de dete