NON É NON.
No marco do novo Programa de sensibilización, información e difusión sobre Igualdade e Prevención de violencia contra as mulleres da Xunta de Galicia, financiado co fondo finalista procedente das medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, o concello de Silleda pon en marcha novamente este ano a campaña "NON É NON", coa finalidade de sensibilizar á cidadanía contra as agresións sexuais e o acoso ás mulleres durante as festas locais, para que mulleres e homes difruten das celebracións en condicións de igualdade.
O obxectivo prioritario é comunicar e difundir unha mensaxe clave
de PREVENCIÓN DO ACOSO E AS AGRESIÓNS SEXUAIS, instando a comportamentos de
respecto e de recoñecemento de que o NON, tamén en festas, debe ser respectado.
Así crearánse dous puntos de información -Puntos Violetas- nas
localidades de Silleda e Bandeira e un punto
en Laro, durante a celebración das súas respectivas festas locais; baixo o lema
"NON É NON", serán espazos nos que se sensibilizará á poboación en
xeral e se atenderá, informará e axudará ás vítimas de calquera tipo de agresión
sexista.
Os referidos puntos de información, que estarán atendidos por
voluntarias/os -ás/aos que se lle
proporcionará formación en igualdade- estarán abertosao público os días das
festaslocais de Silleda, Bandeira e
Laro, en horarios de 13:00 a 14:30 horas
e de 20:30 horas a 3:00 horas.
Así mesmo, nesta campaña contarase cun servizo de tres
educadores de rúa que informarán, distribuirán folletos e material promocional
da campaña.
Selección de
voluntarios/a
O día de hoxe comeza o prazo para a selección de voluntari@s,
tendo lugar a sesión formativa para @s
voluntari@s dos Puntos Informativos e as/os educadores de rúa os días 1, 2 e 3
de xullo, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
Comentarios