MULLERES AO VOLANTE, PERIGO CONSTANTE?
![Imagen](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiIkeJdBOZr8_rE7-Es5gcGKc9rAgYwybn42lnNfaGB7rcBmkXuigokCm-0RipDDOa3IWjkDA3lSOWqMGpviLX-j8BaoWi-eelFCusSDhC32l9dw9Q_0ZPTtBis5ZfXssVOl-nKBJzUIWs/s400/mujeres+al+volante+1.jpg)
O Instituto Aragonés da Muller levou a discriminación en función de sexo que aplican todas as autoescolas do RACC de Zaragoza nas tarifas para sacarse o carné de conducir, ao Observatorio estatal da Imaxe das Mulleres. Todas as oficinas do RACC en Zaragoza ofertan un mesmo paquete a diferentes prezos dependendo de se o demandante é home o muller. A promoción, que leva funcionando dende xuño, fixa en 665 euros a tarifa para os mozos entre 18 e 22 anos, e en 850 para as mozas da mesma idade. É dicir unha diferenza de case 200 euros. Parece ser que a causa de tal diferenza é que as mulleres necesitan máis prácticas para sacar o permiso de conducir. Iso si, a promoción leva aparellada para elas unha sesión de maquillaxe, mentras eles quedan sen regalito.