CONCILIACIÓN FAMILIAR


SETE DE CADA DEZ AVÓS E AVOAS AXUDAN AO COIDADO COTIÁN DOS NETOS

O 72,5% dos avós e avoas españolas declaran axudar ou estar axudando aos seus fillos e fillas no coidado cotián dos netos/as. Este é un dos datos contidos no Libro Branco do Envellecemento Activo, que onte presentou o Imserso. A cifra de persoas maiores que asumen o coidado dos seus netos/as mentras os pais e as nais traballan é dun de cada catro (24,9%). Destes un 55,7% son mulleres e un 44,3% son homes; nove de cada dez son persoas de entre 65 e 79 anos e case a metade (45,4%) son maiores que viven en parella. Esta axuda, ademais, realízase con moita frecuencia. O 43,3% das persoas que coidan aos seus netos/as na actualidade faino todos os días e un de cada tres varias veces á semana.

Un grupo de investigación composto polos expertos en xerontoloxía Carmen Triadó, Montserrat Celdrán, Lluís Conde, Julián Montoro, Sacramento Pinazo e Feliciano Villar realizou un estudo específico sobre a implicación que ten o coidado de netas e netos para a saúde.

O estudo recoñece que algúns avós e avoas presentan problemas de saúde e emocionais, asociados ás veces a dificultades no coidado e, por este motivo, é conveniente non sobrecargalos e administrar con consideración e medida o tipo de implicación que os pais e nais pídenlles. "Unhas tarefas de coidado, delegadas polos pais, nunha cantidade moderada, son a mellor garantía para unha maior satisfacción e menores dificultades para os avós e tamén para os netos e netas".
La Voz de Galicia
4 de novembro de 2011

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA