INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DIRIXIDOS A FAVORECER A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR
OBXECTO Promover a igualdade de oportunidades no acceso e permanencia no emprego de homes e mulleres e promover a corresponsabilidade do home e da muller nas tarefas que levan consigo a paternidade e outras situacións pertencentes ao ámbito da familia, mediante a concesión de incentivos dirixidos a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, a través das seguintes axudas: Axudas ás empresas que reincorporen a traballadores tras un período de descanso por causa da cesión ao traballador do permiso de maternidade. Axudas ás empresas que substitúan a persoas traballadoras en excedencia para o coidado de familiares ou con reducción da xornada de traballo por motivos familiares. BENEFICIARIOS Empresas privadas que contraten ou reincorporen a traballadores para prestar servizos en centros de traballo radicados en Galicia de acordo cos requisitos e condicións que se establecen na orde da convocatoria. AXUDAS 1. Axudas pola reincorporación á empresa t...