Servizo de préstamo de DVDs
Dende o CIM poñemos en marcha un novo servizo de préstamo de filmes en DVD totalmente gratuito. Este servizo permite ás persoas usuarias poder levar DVDs para seren consultados fora do centro. O período de préstamo é de catro días e o número máximo é de dous exemplares por persoa. Para levar un mellor control no préstamo, requeriráselle presentar o DNI ou NIE e cubrir a ficha que se lle presentará no momento da solicitude a quen veña por primeira vez ó centro.
- "Durmiendo con su enemigo". 1999
- "La boda de mi mejor amigo" 1997
- "Ana y el rey" 1999
Sinopse: Anna Leonowens é unha institutriz británica que, a finais do século pasado emprendeu unha longa viaxe ata o exótico reinado de Siam para educar aos 58 fillos do rei Mongkut. Unha vez en Siam, Anna terá que superar numerosas dificultades: é unha muller, de outra raza e ten un fillo ao seu cargo. Ao tratar de mudar as costumes do reino, baterá coa inflexibilidade do monarca.
- "Erin Brockovich" 2000
- "Quiero ser como Beckham" 2002
- "Las hermanas de la Magdalena" 2002
- "Mystic River" 2003
- "Cuando menos te lo esperas" 2003
Sinopse: Harry é un solteiro recalcitrante que só sae con mulleres que teñan menos de 30 anos. Unha fin de semana na casa de vacacións da nai da sua moza e unhas repentinas dores no peito cambiarán a sua vida para sempre.
- "Las chicas del calendario" 2003
Sinopse: Chris e Annie son duas boas amigas moi unidas a pesares das diferenzas entre elas. Viven nun pequeno pobo pero a tranquilidade das suas vidas acaba cando o home de Chris morre dunha grave enfermidade. Chris encabeza entón, xunto as suas compañeiras, un proxecto para recaudar fondos para o hospital do pobo.
- "Notting Hill" 2003
Sinopse: William é o dono dunha tenda de libros no popular barrio de Notting Hill en Londres e Anna Scott é unha estrela de cine. O conto comeza cando ela entra na tenda por casualidade...
- "Te doy mis ojos" 2003
Sinopse: Pilar escapa da sua casa co seu fillo. Despois de nove anos de matrimonio, marcha para poñer fin ao maltrato que sofre por parte de Antonio, o seu marido. Él non tarda en saír a buscala. O filme afonda nas relacións da parella e o seu entorno familiar e laboral, marcadas pola drama da violencia contra as mulleres.
- "...Y que le gusten los perros" 2005
Sinopse: Lane é unha profesora divorciada dende fai oito meses, a sua familia e amigos pensan que xa pasou demasiado tempo e deciden metela nun programa de citas on-line.
- "En la tiniebla" 2005
Sinopse: A vida da exitosa novelista Rachel Carlson vense abaixo cando o seu fillo de sete anos morre afogado. Un ano despois está divorciada e non consegue escribir. A sua amiga Sharon aluga unha casa illada nun pequeno pobo coa esperanza de que Rachel se repoña e consiga escribir. Ela comeza a recuperarse pero tamén a recibir mensaxes do seu fillo falecido...
- "La ganadora" 2005
Sinopse: Nos anos 50 e 60, as amas de casa de Estados Unidos empregaban o seu inxenio para ganar milleiros de dólares en metálico e premios en concursos que montaban as corporacións para promocionar os seus productos. Pero de todas as aspirantes, ningunha podía compararse a Evelyn. Os seus recursos creativos correspondíanse coas necesidades da sua familia: un home que bebe demasiado e dez fillos.
- "Spanglish" 2005
- "La masai blanca" 2005
Sinopse: Ao final das suas vacacións en Kenia, Carola coñece ao guerreiro massai Lemalian, namorase del e, impulsivamente, cancela a sua viaxe de volta.
- "Ellas y ellos" 2005
Sinopse: este filme segue os escarceos románticos de dúas parellas: unha composta por unha exitosa actriz e o seu home, tendente a recluirse na casa e outra formada polo perezoso irmán da actriz e a sua moza, unha aspirante a novelista.
- "Agua" 2005
Sinopse: según as crenzas hindús, cando unha muller se casa convertese na metade do home. Unha nena de 8 anos é casada con un moribundo que morre esa mesma noite, o seu destino agora é afeitala cabeza e ingresar nun "ashram" para viudas onde deberá pasar o resto da vida.
- "Separados" 2006
Sinopse: Gary e Brooke son unha parella casada fai dous anos que descobre que non queda nada entre eles cando unha pequeña disputa se converte nunha gran pelexa. Ningún dos dous quere deixar o piso e é entón cando comeza a verdadeira guerra.
- "El velo pintado" 2006
Sinopse: Unha parella de ingleses deciden casarse por razóns equivocadas e establécense en Shanghai. Nesta cidade, ela namorase doutro home. Cando él descobre a infidelidade da sua muller decide, a modo de vinganza, aceptar un traballo que os obrigará a mudarse a un remoto poblado chinés afectado por unha mortífera epidemia.
- "Volver" 2006
Sinopse: Tres xeracións de mulleres sobreviven á loucura, á superstición e incluso á morte a base de bondade, mentiras y unha vitalidade sen límite. Elas son Raimunda, casada cun obreiro no paro e cunha filla adolescente; Sole, sua irmá, gaña a vida como perruqueira; e a nai delas, morta nun incendio, xunto ao seu home. Esta personaxe apareceselle primeiro a sua irmá y despois a Sole, ainda que con quen deixou importantes asuntos pendentes foi con Raimunda e coa sua veciña do pobo, Agustina.
- "Juno" 2007
Sinopse: Juno é unha rapaza nova e segura de si mesma que toma un atallo de nove meses ata a idade adulta a través dun embarazo non desexado. Decide dar ao seu bebé en adopción pero escollendo a parella mellor indicada.
- "La camarera" 2007
Sinopse: Jeena é un xenio dos pasteis, bautiza as suas creacións según os tumultuosos episodios e emocións que lle reporta a sua vida diaria. O seu home é un celoso que non lle da máis ca problemas pero ela queda embarazada e a sua vida cambia por completo.
- "Caramel" 2007
Sinopse: En Beirut, cinco mulleres se reúnen nunha sala de beleza, un microcosmos altamente colorista e sensual. Layale ama a Rabih, pero é un home casado. Nisrine é musulmana y ten un problema de cara a sua próxima boda: xa non é virxe. Rima está atormentada porque se sinte atraída polas mulleres. Jamale resistese a envellecer. Rose sacrificou a sua vida por coidar da sua irmá maior. Na sala, os homes, o sexo e a maternidade centran as conversas íntimas e liberadas, entre cortes de pelo e depilación con una pasta caramelizada de azucre, auga e zume de limón.
- "Definitivamente quizás" 2008
Sinopse: Will é un pai de trinta e pico anos en pleno divorcio. A sua filla de dez anos preguntalle pola sua vida antes de casarse y non lle queda mais remedio que contestar. Maya quere enterarse de cómo se coñeceron os seus pais. O conto empeza en 1992 cando Will se muda a Nova York para traballar na campaña presidencial.
Comentarios