BOLSEIR@S
CONVOCATORIA DE 34 BOLSAS PARA OFICINAS DE TURISMO MUNICIPAIS BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA 20/02/2013, número 37, páxina 7 anuncio 2013001517. Con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o 15 de febreiro do ano 2013, acordou aprobar a convocatoria de 34 bolsas para a realización de labores de información turística nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra, que se rexerá segundo as seguintes: BASES OBXECTO Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 34 bolsas de práctica laboral destinadas a Técnicos Superiores de Turismo, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra que se detallan a ...