BOLSEIR@S
BOLSAS DE VIAXE "RUTH LEE KENNEDY" PARA MULLERES
O
Instituto Internacional de España e a Comisión de Intercambio Educativo
e Científico entre España e Estados Unidos de América (programa
fulbright), convocan tres bolsas parciais, destinadas a mulleres
universitarias que queren ampliar coñecementos ou investigar en centros
de ensinanza superior.
O PRAZO de inscripción é ata o 15 de febreiro de 2013.
Máis información info@ije.es; www.fulbright.es; www.injuve.es
ORDE ECD/48/2013, DO 24 DE XANEIRO, POLA QUE SE CONVOCAN 72 BOLSAS PARA A FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN EN DIVERSAS MATERIAS APLICADAS Á EDUCACIÓN
BOE 28 XANEIRO 2013, NÚMERO 24
Convócanse
un total de 72 bolsas de formación e investigación, das cales 13 serán
de formación en documentación e lexislación educativa; 16 en observación
e deseño de cualificacións profesionais; 9 en investigación, innovación
educativa e bilingüismo; 6
en avaliación educativa; 18 en tecnoloxías da información e a
comunicación aplicadas á educación; e 10 en documentación, biblioteca,
arquivo e estatísticas educativas.
DURACIÓN
As
bolsas de formación terán unha duración de ata 12 meses, comezando o
primeiro día hábil do mes seguinte ao da data da súa concesión e rematando o 31 de marzo de 2014.
DOTACIÓN ECONÓMICA
1.027 euros mensuais.
REQUISITOS D@S CANDIDAT@S
a) Ostentar a nacionalidade española ou dalgún outro Estado membro da Unión Europea con perfecto dominio da lingua española e residencia en España no momento da súa incorporación ao disfrute da bolsa.
b) Estar en posesión da titulación requerida para cada tipo de bolsa e habela obtido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2004.
FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
A
solicitude deberá cumprimentarse e conformarse mediante o formulario de
inscripción, dispoñible por vía telemática a través da Sé Electrónica
do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte http: //sede.educacion.gob.es, sección "Trámites y Servicios" e unha vez aí "Becas, Ayudas y Subvenciones" . Ao devandito formulario achegarase un arquivo adxunto dun tamaño máximo de 5MB con toda a documentación preceptiva.
Cada
aspirante poderá optar por tres perfís de bolsas, presentando unha
única solicitude, con indicación da orde de prioridade no caso de ser
seleccionado en varios perfís.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación desta convocatoria no BOE
ORDE AAA/129/2013, DO 17 DE XANEIRO, POLA QUE SE CONVOCAN 5 BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN MATERIA DE ORDENACIÓN PESQUEIRA PARA TITULAD@S UNIVERSITARI@S
BOE 1 FEBREIRO 2013, NÚMERO 28
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente convoca 5 bolsas de formación e perfeccionamento técnico-profesional en materia pesqueira:
a) Tres bolsas na área de coñecemento da economía pesqueira.
b) Unha bolsa na área de coñecemento da política estrutural pesqueira.
c) Unha bolsa na área de coñecemento de control e inspección pesqueira.
a) Tres bolsas na área de coñecemento da economía pesqueira.
b) Unha bolsa na área de coñecemento da política estrutural pesqueira.
c) Unha bolsa na área de coñecemento de control e inspección pesqueira.
REQUISITOS D@S CANDIDAT@S
a) Ser español/a ou cidadán/a dalgún Estado membro da Unión Europea ou de terceiros países residente en España.
b) Dominio do idioma español.
c) Estar en posesión do título de licenciad@ ou enxeñeir@, obtido nos catro anos anteriores.
d) Non ter cumprido trinta anos.
e) Coñecementos de inglés e/ou francés.
PRAZO
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de febreiro de 2013
BOLSAS FUNDACIÓN RAMÓN ARECES PARA ESTUDOS POSTDOUTORAIS
A Fundación Ramón Areces, convoca 22
bolsas para a realización de estudos en Universidades e centros de
investigación no estranxeiro, nos campos de biomedicina, química, física
e matemáticas, cambio climático e ciencias do mar.
A DOTACIÓN son de 2.200 euros mensuais.
O PRAZO para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de marzo de 2013.
BOLSAS PARA MASTER EN FRANCIA
A Escola Normal Superior de Paris (ENS), convoca 30 bolsas para titulad@s e próxim@s a titularse de licenciatura, para cursar unha mestría en Francia.
REQUISITOS D@S CANDIDAT@S
Ter nacionalidade diferente á francesa
Ser menor de 26 anos ao 1º de setembro de 2013
Estar titulad@, ou estar inscrit@ no último semestre de licenciatura e poder obter o seu título antes do 1º de setembro de 2013.
O PRAZO para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2013
Máis información en www.ens.fr
Comentarios