PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO 2014
ORDE DO 14 DE MAIO DE 2014 DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO, COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO. 2014 FINALIDADE A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia. Ao abeiro desta orde subvencionaraNse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014, ambos os dous incluídos. PERSOAS BENEFICIARIAS -Ter 30 ou máis anos de idade na data de presentación da solicitude. - Darse de alta no réxime especial de autónomos ou en ca...