PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DE XOVES MENORES DE 30 ANOS 2014

 
ORDE DO 14 DE MAIO DE 2014 DA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DE XOVES MENORES DE 30 ANOS. 2014

FINALIDADE

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas xoves desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Ao abeiro desta orde subvencionarase as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014, ambos os dous inclusive.ç

PERSOAS BENEFICIARIAS

- Persoas menores de 30 anos na data de presentación da solicitude.
 
 - Darse de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de  colexio profesional entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014, ambos os dous inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
 
- Non ter percibido subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

- Non ter desenvolvido como persoa traballadora autónoma a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin ter estado de alta como persoa traballadora autónoma en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.

TIPOS DE AXUDAS
 
  • Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil
 Co obxecto de facilitar ingresos durante o inicio da actividade á persoa xove desempregada que emprenda unha iniciativa empresarial ou profesional por conta propia, poderá concedérselle unha subvención a fondo perdido a calquera persoa xove menor de 30 anos que solicite a alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade profesional, desde a data da publicación desta orde ata o 30 de setembro de 2014.
 
A contía desta subvención será de 1200 euros. 
 
A contía da axuda incrementarase nun 10% cando a persoa física, comunidade de bens o sociedade civil, segundo os datos consignados no documento de alta no IAE ou no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (modelo 036), teña o seu centro de traballo nun concello das provincias de Lugo ou Ourense.
 
  • Subvención polo establecemento como persoa  traballadora autónoma ou por conta propia. 
Poderáselle conceder a persoa desempregada, para a posta en marcha do seu proxecto empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluir o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2014.
 
As contías destas subvencións serán as seguintes:
 
A. 5.000 euros mozo.
B. 6.000 euros moza.
C. 6.500 euros persoa xove emigrante retornada, persoa xove traballadora procedente de empresa en crise, persoa xove desempregada de longa duración e persoa xove desempregada que esgotase a prestación por desemprego.
D. 8.000 euros mozo desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
E. 10.000 euros moza desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
 
Aquela persoa solicitante que acredito un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 5.000 euros sen incluír o IVE ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2014, poderá solicitar un dos seguintes incrementos sobre as contías indicadas no parágrafo anterior para os seguintes colectivos:
 
A. 1.000 euros persoa xove desempregada.
B. 2.600 euros persoa xove desempregada con discapacidade, persoa xove pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
 
A contía da axuda incrementarase nun 10% cando a persoa física, comunidade de bens o sociedade civil, segundo os datos consignados no documento de alta no IAE ou no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (modelo 036), teña o seu centro de traballo nun concello das provincias de Lugo ou Ourense.
 
  • Subvención financiera
 A subvención financeira ten por finalidade facilitar a creación do seu propio posto de traballo mediante a redución de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, tendo en conta que, como mínimo, 0 75% do préstamo se deberá destinar a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible.

A subvención financeira terá como límite máximo as contías seguintes:

A. 5.000 euros mozo.
B. 6.000 euros moza.
C. 6.500 euros persoa xove emigrante retornada, persoa xove traballadora procedente de empresa en crise, persoa xove desempregada de longa duración e persoa xove desempregada que esgotase a prestación por desemprego.
D. 8.000 euros mozo desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
E. 10.000 euros moza desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
DOG nº 100 do 27/05/2014
 
 
 
 


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA