PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO 2014
ORDE DO 14 DE MAIO DE 2014 DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO, COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO. 2014
FINALIDADE
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles
proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de
traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa
actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas
traballadoras autónomas ou por conta propia.
Ao abeiro desta orde subvencionaraNse as altas na Seguridade Social ou en
mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e
condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2013
ata o 30 de setembro de 2014, ambos os dous incluídos.
PERSOAS BENEFICIARIAS
-Ter 30 ou máis anos de idade na data de presentación da solicitude.
- Darse de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro
réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade
de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro
de 2014, ambos os dous incluídos, como titulares ou cotitulares do
negocio ou explotación.
- Non ter percibido subvencións ao abeiro do programa de promoción do
emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova
actividade.
- Non ter desenvolvido como persoa traballadora autónoma a mesma ou
similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente
anteriores á data do inicio da nova actividade, nin ter estado de alta
como persoa traballadora autónoma en calquera réxime da Seguridade
Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita
situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente
anteriores.
TIPOS DE AXUDAS
- Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.
As contías destas subvencións serán as seguintes:
A. 5.000 euros desempregado en xeral.
B. 6.000 euros mullere desempregada.
C.
6.500 euros persoa emigrante retornada, persoa traballadora
procedente de empresa en crise, persoa desempregada de longa
duración e persoa desempregada que esgotase a prestación por
desemprego.
D. 8.000 euros desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
E. 10.000 euros muller desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
Aquela
persoa solicitante que acredito un investimento en inmobilizado
material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade
por unha contía non inferior a 5.000 euros sen incluír o IVE ou, de ser o
caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de
recuperación ou compensación e se realice no período comprendido entre
os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses
posteriores ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de
decembro de 2014, poderá solicitar un dos seguintes incrementos sobre as
contías indicadas no parágrafo anterior para os seguintes colectivos:
A. 1.000 euros persoa xove desempregada.
B.
2.600 euros persoa xove desempregada con discapacidade, persoa xove
pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
A contía da axuda
incrementarase nun 10% cando a persoa física, comunidade de bens o
sociedade civil, segundo os datos consignados no documento de alta no
IAE ou no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e
Administracións Públicas (modelo 036), teña o seu centro de traballo nun
concello das provincias de Lugo ou Ourense.
- Subvención financeira
A
subvención financeira ten por finalidade facilitar a creación do seu
propio posto de traballo mediante a redución de xuros de préstamos
necesarios para a súa constitución como persoa traballadora autónoma ou
por conta propia, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo se
deberá destinar a financiar investimentos en inmobilizado material ou
intanxible.
A subvención financeira terá como límite máximo as contías seguintes:
A. 5.000 euros, desempregado en xeral.
B. 6.000 euros muller desempregada..
C.
6.500 euros persoa emigrante retornada, persoa traballadora
procedente de empresa en crise, persoa desempregada de longa
duración e persoa desempregada que esgotase a prestación por
desemprego.
D. 8.000 euros desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
E. 10.000 euros muller desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
DOG nº 100 do 27/05/2014
Comentarios