PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA DAS MULLERES

ORDE DE 30 DE DECEMBRO DE 2008 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA DAS MULLERES COMO MEDIDA PARA LOGRAR UN MERCADO DE TRABALLO IGUALITARIO (DOG 15 de xaneiro de 2009)



BENEFICIARIOS

As empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens que contraten por conta allea traballadoras pertencentes aos colectivos seguidamente relacionados, para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.


COLECTIVOS

Mulleres maiores de 31 anos nas cales concurra algunha das seguintes circunstancias:

a) Mulleres desempregadas titulares de familias monoparentais que teñan cargas familiares ou de unidades familiares nas cales ningún dos seus membros en idade laboral obteña rendas de calquera natureza superiores ao 75% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples vixente no momento da solicitude.
b) Mulleres desempregadas que se contraten para prestar servizos en profesións ou ocupacións en que estean subrepresentadas.
c) Mulleres desempregadas que se reincorporen ao mercado de traballo tras unha ausencia prolongada dun mínimo de dous anos.
d) Mulleres desempregadas que sexan contratadas nos 24 meses seguintes á data do parto.
e) Mulleres desempregadas demandantes de primeiro emprego.
f) Mulleres desempregadas demandantes de emprego que rematen o seu itinerario personalizado de inserción nunha ocupación e sexan contratadas nela.
g) Mulleres desempregadas emigrantes retornadas.
h) Mulleres desempregadas procedentes de empresas en crise ou que procedan de empresa pertencentes a sectores en reestructuración.
i) Mulleres desempregadas que non estean incluídas en ningún dos colectivos anteriores.



CONTRATACIÓNS SUBVENCIONABLES

Axudas:

a) Ás contratacións indefinidas iniciais,a tempo completo e a tempo parcial, con traballadoras desempregadas.
b) Ás transformacións en indefinidos de contratos para a formación, en prácticas, de revezamento, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade, calquera que sexa a data da súa celebración, sempre que na data de celebración da contratación temporal de que trae causa, a muller fose maior de 31 anos de idade.


REQUISITOS DAS EMPRESAS

a) A taxa de estabilidade do cadro de persoal da empresa deberá ser igual ou superior ao 75% no mes da contratación obxecto de solicitude de subvención.
b) Ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos doce meses anteriores á data de inicio da prestación laboral.
c) As contratacións indefinidas iniciais deberán supoñer incremento do cadro global de persoal da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos doce meses anteriores á data de inicio da prestación laboral.


AXUDAS

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda pagadoira por unha soa vez de 7.500 euros cando a muller pertenza a algún dos colectivos fixados nos apartados a) b) c) d) e) f) g) e h), anteriormente citados.
2. As contratacións indefinidas iniciais realizadas con mulleres desempregadas maiores de 31 anos que non estean incluídas en ningún dos colectivos anteriores incentivaranse cunha axuda de 2.000 euros.
3. As transformacións en indefinidos dos contratos temporais incetivaranse cunha contía de 3.000 euros.
4. Estas contías incrementaranse nun 50% cando as contratacións as realicen microempresas.

EXCLUSIÓNS

a) As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1º do Estatuto dos traballadores.
b) Os contratos realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria/o das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade.
c) Contratacións realizadas con traballadoras que, nos 24 meses anteriores á data de contratación, prestasen servizos na mesma empresa mediante un contrato por tempo indefinido.
d) Traballadoras que rematasen unha relación laboral de carácter indefinido nun prazo de seis meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención.
e) Mulleres desempregadas maiores de 31 anos, paradas de longa duración.




SOLICITUDES, PRAZOS E AUTORIZACIÓNS



1. As solicitudes dirixiranse aos delegados/as provinciais da Consellería de Traballo –centros de traballo radicados na respectiva provincia- o ao director xeral de Promoción do Emprego –centros de traballo radicados en varias provincias ou solicitude de contratación de 30 ou máis traballadoras- e presentaranse nos rexistros das respectivas delegacións provinciais ou, se é o caso, a Consellería de Traballo, ou por calquera das formas previstas na lexislación vixente.

2. As axudas desta orde solicitaranse nos dous meses seguintes á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido.

O prazo para a presentación das solicitudes finalizará o 15 de setembro de 2009.

O 31 de marzo de 2009 remata o prazo para a presentación de solicitudes polas contratacións indefinidas iniciais de mulleres desempregadas pertencentes aos colectivos establecidos na páxina primeira do presente escrito e polas transformacións en indefinidos de contratos temporais que se realicen entre o 16 de setembro de 2008 e a data de publicación desta orde.

3. As solicitudes e os anexos deste programa están disponibles na páxina web da Consellería de Traballo: http://traballo.xunta.es

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA