XII XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE. CIDADANÍA E CONVIVENCIA DIXITAL



A 12ª XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE: "Cidadanía e convivencia dixital" pretende incidir na idea de colaboración entre toda a comunidade educativa para que nenos, nenas e adolescentes poidan compartir e gozar de Internet e das redes sociais de forma segura e para previr a violencia sexual en adolescentes e os comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital. A xornada consta de sesións informativas dirixidas ás nais e pais e, paralelamente, de obradoiros de carácter lúdico e adaptados á súa idade onde nenos, nenas e adolescentes irán coñecendo baixo parámetros de igualdade e a través de videoxogos, animacións e outros recursos educativos, algunhas características do mundo que como nativos/as dixitais lles está tocando descubrir, así como os riscos e responsabilidades asociados a determinadas prácticas que se poden desenvolver online (sexting, sextorsión, grooming, ciberbullying...). A xornada rematará cun debate en familia sobre como compartir Internet e crecer de forma segura.

Esta xornada celebrarase o sábado día 16 de novembro nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela.

A Secretaría Xeral da Igualdade estará a súa disposición para toda a información que requira, no enderezo electrónico info@xornadasigualdade.com e no teléfono 981520090.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA