AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, POR REDUCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO. XUNTA DE GALICIA

 RESOLUCIÓN DO 5 DE XUÑO DE 2020, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLAS QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN AS AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, POR REDUCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO, COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE. 


OBXECTO

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras e as familias monoparentais que, entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas, sempre que se cumpran os requisitos e condición establecidos nesta resolución.

PERSOAS BENEFICIARIAS 

As persoas físicas que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos  os dous inclusive, se acollan á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%, e que reúnan os seguintes requisitos:

-  No caso de unidades familiares non monoparentais, poderán ser beneficiarios os homes que se acollan á redución de xornada segundo no establecido nesta resolución e sexan traballadores por conta allea.
-   No caso de unidades familiares monoparentais, poderá ser beneficiaria a persoa, home ou muller, que se acolla á redución de xornada segundo o establecido nesta resolución e sexa traballadora por conta allea.

As persoas beneficiaria deberán cumprir os seguintes REQUISITOS:

A) Estar empadroadas en calquera concello da CA galega, como mínimo, desde o 1 de xaneiro de 2019 e manter esta condición durante todo o período subvencionable.

B) Convivir coa filla ou fillo durante o período subvencionable. Nos casos nos que exista un acordo de custodia compartida, computarase o tempo de convivencia e o cálculo do período obxecto da subvención en proporción, segundo os termos do citado acordo.

C)  No caso de familias non monoparentais, o cónxuxe ou parella deberá ser unha persoa traballadora por conta allea ou ben autónoma e manter esa situación durante todo o período subvencionado. Entederase cumprido este requisito cando, existindo períodos non traballados, a suma destes no supere o 5% do período subvencionado, sexa este continuado ou fraccionado. Excepcionalmente, debido a causas xustificadas debidamente acreditadas derivadas da situación de crise sanitaria polo COVID-19 e da declaración do estado de alarma, no cómputo dos períodos non traballados non se terá en conta o tempo de suspensión do contrato de traballo como consecuencia dun expediente de regulación temporal de emprego que teña a súa causa na declaración do estado de alarma.

D) Os ingresos da unidade familiar non poderán ser superiores a 7 veces o IPREM para o ano 2019.

E) Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas na Lei de subvencións de Galicia. 

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES

A redución da xornada de traballo para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de 3 anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%. A redución de xornada terá que ser de polo menos o 12,5% de xornada ou porcentaxe equivalente para o caso de que a xornada sexa a tempo parcial.

O período máximo subvencionable, continuado ou fraccionado, será de oito meses.

CONTÍA DAS AXUDAS 

1. Cando a redución de xornada sexa de entre o 12,5% e ata o 25% dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable:

1º. Cun fillo ou filla a cargo: 1.700 euros.
2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 2.000 euros.
3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 2.300 euros.

2. Cando a redución de xornada sexa superior ao 25% e ata o 37.50 % ou máis dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable:

1º. Cun fillo ou filla a cargo: 2.800 euros.
2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 3.100 euros.
3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 3.400 euros.

3. Cando a redución de xornada sexa superior ao 37,50% e ata o 50 % ou máis dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable:


1º. Cun fillo ou filla a cargo: 3.100 euros.
2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 3.400 euros.
3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 3.700 euros.

PRESENTACIÓNS DE SOLICITUDES E PRAZO


O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

DOG Núm. 114
Venres, 12 de xuño de 2020 


 

 


 
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA