.ATENCIÓN PSICOLÓXICA A VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO


É un programa desenvolvido a través dun convenio de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que ten por obxecto a atención psicolóxica especializada e de apoio ás vítimas de violencia de xénero.
A través deste servizo ponse a disposición das vítimas de violencia de xénero unha rede de profesionais da psicoloxía, con formación específica, que de xeito gratuíto realizan a intervención máis axeitada para cada caso.
OBXECTIVOS
-Ofertar recursos terapéuticos que abran vías de recuperación ás mulleres vítimas de violencia de xénero, menores e outras persoas dependentes delas.
-Reforzar a autoestima das vítimas de violencia de xénero ademais de ser un apoio na recuperación ou adquisición de habilidades e capacidades que lles permitan lograr a autonomía e a integración na vida social e laboral.
-Poñer a disposición das vítimas de violencia de xénero unha rede de profesionais da psicoloxía, con formación específica, que de xeito gratuíto realizan a intervención máis axeitada para cada caso.
PERSOAS AS QUE SE DIRIXE
-Mulleres que estean a sufrir ou teñan sufrido violencia de xénero.
-Menores e outras persoas dependentes desas mulleres, que teñan pasado pola mesma situación.
PRESTACIÓN DO SERVIZO
O programa conta cun psicólogo/a coordinador/a e cunha rede de profesionais debidamente acreditados/as, que levarán a cabo a intervención profesional á que se refire o programa en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.
REQUISITOS PARA ACCEDER AO PROGRAMA
O acceso é gratuito e anónimo as 24 horas.
Teléfono de contacto: 629 777 595

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA