PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 AÑOS 2013






CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. ORDE do 26 de marzo de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013

Persoas beneficiarias

Aquelas persoas que teñan fillas/os menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 e que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

No caso de fillas/os adoptadas/os ou acollidas/os entre o 31 de decembro de 2011 e o 31 de decembro de 2012, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data de resolución xudicial ou administrativa que a declare.

Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación será a nai/pai que teña a custodia das/os  fillas/os, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación ou divorcio.

En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade das súas fillas/os, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.

Os estranxeiros que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España, e os requisitos establecidos nesta norma e teñan a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.

As persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos

-Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
-Que na data da solicitude as nenas/os convivan coa persoa solicitante.  

Tipo de axuda e contía

360 euros por cada unha/un das/os fillas/os.

Lugar e prazo para a presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será de 40 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG nº62 do 1/04/2013).

As solicitudes deberán presentarse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e no artigo 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, utiliazndo o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.    

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA