ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS 2013
ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2013 POLA QUE SE REGULAN AS BASES PARA A CONCESIÓN DAS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS
Finalidade
A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.
Requisitos
a) Ter fillas/os e/ou menores en acollida exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
b) Non convivir con parella afectiva.
c) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso de mulleres estranxeiras ter, ademais, permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.
d) Dispoñer dunha renda mensual que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Para os efectos desta orde entenderase por unidade familiar a composta pola solicitante e as súas fillas e fillos e/ou menores en acollida que estean ao seu cargo exclusivo e que convivan con ela..
Consideraranse rendas e ingresos computables os bens, dereitos e rendementos derivados do traballo, do capital mobiliario e inmobiliario, incluíndo os incrementos do patrimonio, das actividades económicas e os de natureza prestacional, agás as asignacións económicas da Seguridade Social por filla/o e/ou menor acollida/o a cargo.Tamén se considerarán os rendementos que se poidan deducir do montante económico do patrimonio, aplicando ao seu valor o cincuenta por cento do tipo de xuro legal do diñeiro vixente, coa excepción da vivenda habitualmente ocupada pola solicitante e dos bens cuxas rendas sexan computadas. Non se terán en conta os membros da unidade familiar con rendas de calquera natureza superiores ao salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional das dúas pagas extraordinarias.
As rendas que non procedan do traballo e se perciban con periodicidade superior ao mes computaranse, para estes efectos, rateándose mensualmente.
e) Non padecer ela, nin as/os fillas/os menores en acollida que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.
Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/os menores e/ou menores en acollida, ao seu cargo, sempre que estas/es teñan idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, ambos inclusive, na data de presentación da solicitude.
Prazas
95 prazas
Duración
Entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.
Condicións económicas
Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral de Igualdade.
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia -DOG nº 83 do 30-04-2013-.
Comentarios