II Plan de Igualdade do Concello de Silleda
No último pleno don Concello de Silleda, celebrado o pasado xoves 26 de marzo, aprobouse o II Plan de Igualdade de Oportunidades 2009-2013. O plan está integrado por un total de sete áreas que se consideran de prioritaria intervención. As áreas son as seguintes: 1. Información, comunicación e sensibilización na igualdade de oportunidades. 2. Educación, cultura e deporte. 3. Calidade de vida. 4. Formación, emprego e conciliación da vida laboral. 5. Participación e asociacionismo. 6. Benestar e inclusión social. 7. Violencia de xénero. Este plan ten en conta os resultados do plan anterior e, por iso, retoma e dálles continuidade a algunha das actuacións comprometidas e emprendidas, xa que o obxetivo polo que foron acordadas as ditas actuacións aínda está por acadar. Unha das principais características do II Plan de Igualdade do Concello de Silleda é que se trata dun plan consensuado no eido institucional, feito á medida das necesidades dunha sciedade cada día máis cambiante, e presént...