OUTONO NAS TERMAS

PROGRAMA DE BALNEARIOS PARA MULLERES GALEGAS EN QUE CONSISTE? Trátase dun programa especial cofinanciado nun 50% pola Secretaría Xeral para o Turismo e a Secretaría Xeral de Igualdade dirixido a mulleres da Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de promover a participación das diferentes asociacións de mulleres en estadías en balnearios galegos durante o mes de novembro. Galicia é un destino termal de calidade e a través de programas como este, poténciase a concienciación e increméntase a participación de mulleres no turismo e do coñecemento da nosa rexión. QUEN PODE ACCEDER AO PROGRAMA? Mulleres que participan nalgunha asociación de mulleres de Galicia. CANDO SE DESENVOLVERÁ O PROGRAMA? Durante o mes de novembro. CUSTO O programa está financiado ao 50%, colaboran 7 hoteis balneario de Galicia e consta de dous días de estadía en réxime de media pensión e tratamentos termais específicos. RESERVAS Durante todo o mes de novembro. Praza...