As mulleres son en Galicia o 90 por cento do marisqueo a pé, o 80 por cento da industria conserveira, o 71 por cento da industria do conxelado e o 44 por cento da acuícola. Calquera acción que pretenda abrir o mar á innovación pasa por telas a elas en conta. Así o entenderon no Centro Tecnolóxico do Mar. "Dada a porcentanxe de mulleres no sector marítimo-pesquero, a perspectiva de xénero non é allea a moitas das nosas actividades", explica a directora-xerente do CETMAR, Paloma Rueda Crespo. Velaquí algún exemplo dos proxectos acometidos polo centro: o Embárcate, rematado en 2007, que desenvolveu esforzos específicos para a inserción das mulleres nos barcos pesqueiros e, en concreto, para facilitar a súa contratación polos armadores. O Serea, finalizado en 2008, que tiña por obxectivo impulsar un modelo de reestruturación económica da pesca de baixura e do marisqueo e que se propuxo, así mesmo, a realización dunha auditoría de xénero para detectar as necesidades específicas da...