SEVILLA

Sevilla é unha superposición de historias, de vínculos imposibles de explicar uns sen outros, capaz de doblegar á máis insensible das viaxeiras. España, o sur, a vella cultura da Europa mediterránea só poden intuirse dende lugares como este . Espéranos a súa inmensa Catedral , o Patio das Laranxeiras, as campás da Giralda , as salas e laranxas amargas dos xardíns do Alcázar , o bulicio do Barrio de Santa Cruz , unha tarde de flamenco na Casa da Memoria de Al Andalus , a Torre do Ouro , a Maestranza ... e Triana , unha noite na Casa Anselma , o negro de Santa Ana e as dúas Esperanzas e o Señor de Sevilla "O Gran Poder" e as xemas de San Lorenzo e as tendiñas de prateiros da praza do Pan e... SAÍDA 4 DE XUÑO Santiago de Compostela 18:20 Sevilla 19:40 CHEGADA 7 DE XUÑO Sevilla 16:30 Santiago de Compostela 17:55 Aloxarémonos no Hotel Sevilla Center **** , Avda. de la Buhaira, s/n, en réxime de aloxamento e almorzo. PREZO TOTAL: 200 EUROS No prezo está incluido: av...