RESOLUCIÓN DO 5 DE MAIO DE 2011, DA SECRETARIA XERAL DA IGUALDADE Obxecto e réxime das axudas O obxecto da presente resolución é a convocatoria e regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011 se acolleran a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu fillo/a. O outorgamento das axudas realizarase a través da modalidade de pagamento único e de forma continuada ata esgotar o crédito orzamentario consignado para estes efectos, segundo a orde de recepción de solicitudes e baixo os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación. Persoas beneficiarias a) Homes que se acollan á redución de xornada regulada nesta resolución e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos sutónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu...