Os CIMs de Galicia, as casas de acollida que asisten a vítimas de violencia de xénero e as ONGs que desenvolven a súa actividade solidaria neste eido, van poder incorporar un servizo de teletradución a 50 idiomas, que lles ofrece gratuítamente a Secretaría Xeral de Igualdade. A teletradución está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia. A través desta plataforma de teletradución, estas mulleres terán a seguridade dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico. O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atope, ban sexa un CIM, unha casa de acollida ou calquera entidade adherida; así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da en...