CONVOCATORIA DAS AXUDAS PREVISTAS NA LEI DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E NA LEI GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO 2013

ORDE DO 8 DE MAIO DE 2013 POLA QUE SE REGULAN AS BASES PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO 2013 Tipos de axudas 1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego. 2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionadas como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentencia xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas. Contía das axudas Axudas establecidas no artigo 27 da ...