AXUDAS PERIÓDICAS DE APOIO A MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO 2014

RESOLUCIÓN DO 27 DE MARZO DE 2014, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE REGULAN AS BASES PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS PERIÓDICAS A MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO. Requisitos das solicitantes a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica. b) Ter cesado a convivencia co agresor no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. c) Estar empadroada e residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia. d) Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou que estes sean de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. Contía das axudas 1. S...