O VALEDOR DO POBO E O INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO INTERCAMBIARÁN INFORMACIÓN SOBRE AFECTADOS POR EXECUCIÓNS HIPOTECARIAS O valedor do pobo, José Julio Fernández, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Ethel Vázquez Murelle, asinaron o 28 de Maio de 2015 na sede do defensor un convenio de colaboración en relación ás persoas afectadas na nosa comunidade por execucións hipotecarias. En virtude do mesmo, comprométense a crear un marco de intercambio rápido e áxil de información coa finalidade de mellorar a atención ás familias afectadas por este problema a consecuencia de impagos de créditos ou préstamos garantidos con hipoteca e dar unha resposta áxil á súa situación. Coa medida aspírase a mellorar tamén a información outorgada aos afectados en relación á protección dos seus dereitos. Para materializar estes propósitos, o Valedor do Pobo procederá a dar traslado, preferentemente por medios electrónicos, de toda a información correspondente a qu...