ELAS DIXERON NON, ELES NON O ACEPTAN
Palpamos ao noso redor a indignación social polos últimos asasinatos machistas. Son moitas persoas as que senten carraxe e impotencia. Son, fundamentalmente, mulleres as que expresan estes sentimentos e falan nos centros de traballo, na rúa, coas amizades, as que repiten: isto ten que rematar. O círculo de persoas conmovidas aumenta cando non é posíbel reducir o perfil da muller asasinada a ningún estereotipo, cando se pode identificar con calquera de nós ou das mulleres que coñecemos. Tamén cando se trata de rapazas novas, con toda a vida por diante. Nas últimas horas catro mulleres asasinadas no Estado español, dúas na Galiza, idades diferentes, profesións diversas, procedencias heteroxéneas, expectativas vitais múltiplas. Tendemos a situar a violencia machista lonxe de nós. Por iso, a proximidade produce un shock emocional. E é próximo todo aquilo que sentimos que nos podía acontecer, a nós ou ás mulleres das nosas proximidades. E estes casos devólvennos unha imaxe que...