FINALIDADE DO PROGRAMA Mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías. ENTIDADES DESTINATARIAS Este programa irá destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES Cada entidade poderá presentar unha única solicitude, que se presentará no Rexistro xeral da Deputación ou en calquera das oficinas de rexistro da institución provincial. Pódense consultar as distintas oficinas existentes e os horarios na...