CHARLA INFORMATIVA SOBRE A TRATA DE SERES HUMANOS

DATA E HORA DE CELEBRACIÓN: VENRES, 16 DE FEBREIRO DE 2018 11:00 HORAS LUGAR DE CELEBRACIÓN : INSTALACIÓNS DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DE SILLEDA.Chousa Nova, 67 Dentro das actuacións enmarcadas no ámbito da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, Silleda acolle unha charla informativa sobre a trata de seres humanos, preferentemente mulleres e nenas con fins de explotación sexual, delito denominado xa a nova escravitude do século XXI. A relatora será Lourdes Pazo García , educadora e responsable da área de sensibilización do Programa Vagalume. Este proxecto ofrece atención integral e acompañamento ás mulleres vítimas de trata e/ou en contexto de prostitución. En Vagalume ofréceselle a estas mulleres información, asesoramento e acompañamento totalmente gratuíto, confidencial e non discriminatorio.