PRESENTACIÓN DO IV PLAN DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO CONCELLO DE SILLEDA 2017-20120 DATA: 8 DE MARZO HORA: 17:00 HORAS LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE SILLEDA. "Grazas aos esforzos de toda a cidadanía, pero nomeadamente das mulleres e das administracións públicas, o avance logrado nas últimas décadas cara á igualdade formal entre mulleres e homes, é cada vez máis visible. Pero con todo, aínda persisten desigualdades de xénero en todos os ámbitos (emprego, educación, corresponsabilidade, violencia, etc.) moitas veces ocultas baixo prácticas aparentemente neutras. Este novo IV Plan 2017-2020 coas oitenta e seis medidas nel recollidas, vainos permitir seguir avanzando con máis celeridade cara a unha maior concienciación e seguir loitando a favor da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Tamén busca un maior compromiso interno municipal ó integrar a perspectiva de xénero en tódalas áreas de actuación en b...