BENVIDOS AO BLOG DO CIM DE SILLEDA

Benvidos/as ao blog do CIM (Centro de Información ás Mulleres) de Silleda, nesta páxina atoparedes información, consellos, artigos, ligazóns a outras páxinas do voso interese...


A través del poderedes estar informados/as puntualmente de tódalas actividades, cursos, obradoiros... que levamos a cabo no CIM. Tamén esperamos que vos sirva como medio de comunicación con nós a través do noso correo electrónico.


O CIM é un servizo gratuíto que atende as demandas das mulleres do Concello de Silleda e arredores, garantindo os principios de confidencialidade, anonimato e privacidade.
Ofrécese información e asistencia en:

Recursos sociais: xestión e tramitación de axudas económicas; información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial; mobilización de recursos e coordinación con outros organismos que proporcionen atención á muller e ós seus fillos.

Orientación laboral e formativa: asesoramento para a busca activa de emprego; información sobre cursos e bolsas de emprego; orientación profesional.

Asesoramento xurídico: dereito de familia (separacións, divorcios, pensións alimenticias, custodias); dereito penal (denuncias, malos tratos, lesións...); xustiza gratuíta, e outros aspectos do dereito como o civil, administrativo, laboral...

Atención psicolóxica: apoio e atención psicolóxica personalizada; orientación e asesoramento; intervención en casos individuais (ansiedade, depresión, problemas de conducta...); dinámica de grupo (autoestima, habilidades sociais, memoria...); apoio e asesoramento en casos de malos tratos...

Violencia de xénero: atención e asesoramento en casos de malos tratos; acompañamento na xestión e trámites a realizar (denuncia, orden de protección, orden de aloxamento...); xestión de aloxamento alternativo; tramitación de teléfono móvil de teleasistencia para víctimas de violencia; xestión dos recursos necesarios nestes casos; apoio psicolóxico; colaboración con outros servizos de intervención en casos de malos tratos (garda civil, casa de acollida, servizos sanitarios...).



Esperamos servos de axuda. Gracias por visitarnos!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA