MEDIACIÓN FAMILIAR

PROGRAMA MEDIAGAL DE MEDIACIÓN FAMILIAR GALEGA 2009



Tipo de subvención

A subvención convocada consiste na cobertura do custo dun proceso de mediación familiar cun máximo de seis sesións, mediante a adxudicación e entrega ás persoas beneficiarias de cheques de servizo gratuito cun valor nominal de 60 euros por sesión de mediación e ata un máximo de 360 euros.


Persoas beneficiarias

As persoas residentes en Galicia unidas por vínculo matrimonial ou que forman unha unión estable de parella, que se atopen nun proceso de separación, divorcio ou nulidade do matrimonio ou ben de ruptura da unión, así como en conflictos de convivencia e que teñan ou non iniciado ou solicitado a iniciación dun proceso de mediación a partir do 1 de xaneiro de 2009 con algún dos e das profesionais inscritos/as no Rexistro de Mediadores/as de Galicia e que estean adheridos ao programa Mediagal de mediación familiar.


Solicitudes e documentación

As solicitudes de subvención presentaranse mediante instancia segundo o modelo oficial debidamente cuberto e subscrito polas persoas solicitantes xunto coa seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou NIE da persoa solicitante e do seu cónxuxe e/ou parella.
b) Copia do libro de familia ou declaración xurada de convivencia.
c) Certificado de empadronamento das persoas solicitantes.
d) Declaración xurada de non percibir subvencións para igual ou análoga finalidade outorgadas por outras administracións públicas ou, de ser o caso, relación das solicitadas.
e) A acreditación do inicio ou solicitude de inicio do proceso de mediación que xustifica a solicitude de subvención será comproba de oficio pola Administración mediante a consulta das solicitudes de designación de profesionais mediadores.


Lugar e prazo de presentación das solicitudes


As solicitudes poderán presentarse na oficina de Rexistro Único e Información, no complexo administrativo de San Caetano, ou ben por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O prazo para a solicitude da subvención permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de outubro de 2009.



Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA